No
B.O.E. de data 15 de outubro do 2022 publicouse o Extracto de
Resolución de 13 de outubro da Dirección do Instituto de Salud
Carlos III pola que se aproba a convocatoria para o ano 2022 de
concesión de subvencións ``Sello de Excelencia ISCIII-HEALTH´´ da
Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, baixo o PERTE para a Saúde
de Vangarda e con cargo ós fondos europeos do Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na
Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS :
653475
O
obxecto desta resolución é a concesión de subvencións ``Sello de
excelencia ISCIII-HEATH´´ pertencentes ao Subprograma Estatal de
internacionalización do Programa Estatal para Afrontar as
Prioridades da Nosa Contorna, no marco do Plan Estatal de
Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período
2021-2023, a través de dúas actuacións:
a)
Proxectos ERC -``Sello de Excelencia
ISCIII-HEALTH´´: Proxectos presentados ás
convocatorias 2020 e 2021 do Consello Europeo de Investigación nas
súas modalidades de «Starting Grants», «Consolidator Grants» e
«Advanced Grants» avaliados
positivamente (Calificación
A) e considerados
elexibles
que por razóns
orzamentarias non puideron ser finalmente financiados.
b)
Accións Individuais MSCA -``Sello de
Excelencia ISCIII-HEALTH´´: Accións individuais
do programa Marie Sklodowska-Curie Actions Individual Fellowships de
Horizonte 2020 ou Marie Sklodowska-Curie Actions Postdoutoral
Fellowships de Horizonte Europa, presentadas ás convocatorias 2020 e
2021 avaliadas cunha puntuación do 85% ou máis e que por razóns
orzamentarias non puideron ser finalmente financiadas.
Con
ámbalas dúas actuacións preténdese impulsar a
internacionalización das actividades de I+D+i e contribuír ao
avance do coñecemento para afrontar os desafíos que ten a
investigación española, fomentando a participación de persoal
investigador con traxectorias científicas prometedoras.
A
contía total máxima de esta convocatoria é de 6.000.000€ que
poderá ser incrementada nunha contía adicional de 5.000.000€.
O
prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de
outubro ata o 15 de novembro
de 2022 ás 15 horas (hora peninsular española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución, ao extracto
da resolución e as fichas resumo da convocatoria.