Convocatoria de axudas para proxectos de I+D+I en liñas estratéxicas – TransMisiones 2023

Ao amparo da Orde CIN/1025/2022, de 27 de outubro (publicada no BOE de 29 de outubro), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas correspondentes a varios programas e subprogramas do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, apróbase a presente convocatoria de axudas a proxectos de I+D en liñas estratéxicas en colaboración entre organismos de investigación, no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e sua Transferencia. 

A iniciativa TransMisiones 2023 trátase dunha acción que se executa en colaboración entre o Centro de Desarrollo Tecnolóxico e de Innovación  (CDTI) e a Axencia Estatal de Investigación (AEI) pola que se coordina o financiamento a agrupacións de organismos de investigación e de difusión de coñecemento e agrupacións de empresas que colaboran para o desenvolvemento conxunto dunha actuación coordinada de I+D que dé resposta aos desafíos identificados nas prioridades temáticas.

A presente convocatoria, xestionada pola Axencia Estatal de Investigación, financiará os proxectos desenvolvidos en colaboración por agrupacións de organismos de investigación e difusión de coñecementos.

A finalidade desta convocatoria e dar resposta aos desafíos identificados nas seis prioridades temáticas, que se dividen en dous bloques:

1. Prioridades de carácter transversal que afectan ao conxunto da economía, especialmente a relacionada coa transición á revolución dixital:
- Contribuír ao desenvolvemento dunha industria avanzada e competitiva explotando as posibilidades de tres tecnoloxías profundas: Intelixencia Artificial (IA), incluíndo o Machine Learning (ML), novos materiais e biotecnoloxía industrial.
- Impulsar a seguridade da información da ciberseguridade na industria e a economía española.

2. Prioridades temáticas centradas na transición verde, incluíndo a transición enerxética, e a loita contra o cambio climático e as súas consecuencias:
- Contribuír á transición enerxética en España e ao desenvolvemento das enerxías do século XXI.
- Impulsar eo desenvolvemento dun sector agroalimentario e gandeiro avanzado, sostible e preparado ante o cambio climático e que realiza un uso relevante de ferramentas biotecnolóxicas.
- Impulsar unha xestión avanzada dos Recursos Hídricos.
- Impulsar novos sistemas para a prevención e loita contra incendios forestais baseados no uso de tecnoloxías avanzadas.

Esta convocatoria ten un presuposto total de 130 millóns de euros, dos cales 60 millóns están ligados en forma de subvención á AEI e 70 millóns, tamén en forma de subvención, á CDTI.

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o 3 de xullo ata o 28 de xullo de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.