Convocatoria de Axudas para Persoal Técnico de Apoio 2023

No BOE de data 24 de novembro de 2023 publicouse o Extracto da Resolución de 21 de novembro de 2023 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2023 das axudas para persoal técnico de apoio, do Programa Estatal para Desenvolver, Atraer y Reter Talento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

A finalidade destas axudas é incentivar a contratación laboral de persoal técnico de apoio en organismos de investigación, ademais van destinadas a dar soporte no manexo de equipos, instalacións e demais infraestruturas de I+D+i a fin de incrementar e mellorar as prestacións e rendemento das infraestruturas científico-tecnolóxicas.

En canto a contía máxima, esta ascende aos 10.000.000,00 de euros, que podería chegar a ser incrementada nunha contía adicional de ata 2.000.000,00 de euros.

As solicitudes de participación as presentaran os centros de I+D incluíndo nelas ás persoas participantes, aínda que previamente estas últimas deben cumprimentar o formulario electrónico da solicitude.

Con isto, os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:
  • ​No caso dos Centros de I+D o prazo de presentación das solicitudes de participación abarca dende o día 29 de novembro de 2023 ata o día 21 de decembro de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
  • Sen prexuízo do anterior e no caso das persoas participantes, o prazo abarca dende o día 29 de novembro de 2023 ata o día 14 de decembro de 2023 ás 14 horas (hora peninsular española).

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.