Convocatoria de Axudas do Programa FORTALECE 2023

Ao amparo da Orde CIN/1412/2021, de 10 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas no marco da Acción Estratéxica en Saúde do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publícase no BOE o Extracto da Resolución de 20 de xullo de 2023, da Dirección do Instituto de Salud Carlos III O.A., M.P., pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 de concesión de axudas públicas do programa FORTALECE dirixido a Institutos de Investigación Sanitaria acreditados, da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023.
 
As axudas obxecto desta convocatoria inclúense entre as actuacións contempladas dentro do Subprograma Estatal de Fortalecemento Institucional, incluído no Programa Estatal Para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia. 

Os obxectivos desta convocatoria e por tanto do Programa FORTALECE son:
  • Fortalecer liñas de investigación e innovación preexistentes nos IIS. 
  • Impulsar a xeración de coñecemento científico de fronteira orientado a mellorar a saúde e afrontar os principais retos sanitarios da sociedade.
  • Promover o desenvolvemento equilibrado de actuacións procedentes tanto de Grupos de investigación consolidados nos IIS como Grupos de investigación dos IIS liderados por persoas investigadoras emerxentes.

Este programa ten unha duración de 4 anos para o cal destinaranse un total 30 millóns de euros.

O prazo para presentar as solicitudes abarca dende o 27 de xullo de 2023 ata o 12 de setembro de 2023.

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo, e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.
​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.