Convocatoria de Axudas da Acción Extratéxica en Saúde 2023

No B.O.E. de data 22 de marzo de 2023 publicouse o Extracto da Resolución do 17 de marzo de 2023, da Dirección do Instituto de Salud Carlos III, O.A., M.P., pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2023 de concesión de subvencións da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo texto completo pode consultarse na Base Nacional de Subencions, con identificador BDNS:682488

 

O obxectivo destas axudas :


  • Formación de Doutores no campo da Biomedicina e as Ciencias da Saúde, de Especialistas en Ciencias da Saúde con Formación Sanitaria Especializada en Investigación Biomédica, Clínica e Traslacional e de persoal técnico e de xestores de I+D+i no campo da Investigación Biomédica.
  • Contratación de Doutores e a incorporación aos centros asistenciais do SNS de persoal facultativo con experiencia Investigadora, de Especialistas con Formación Sanitaria Especializada, titulados universitarios e outro persoal técnico de apoio á Investigación no SNS, incluídas as actividades de xestión de I+D+i en Biomedicina e Ciencias da Saúde
  • Mobilidade de investigadores.
  • Desenvolvemento de proxectos de I+D+i en Saúde que favorezan a transferencia de coñecemento ao SNS, proxectos de carácter aplicado para incrementar o grao de madurez do seu desenvolvemento tecnolóxico e proxectos para fomentar a investigación clínica independente.
  • A incorporación de novos grupos de investigación ao Consorcio CIBER
  • Desenvolvemento de proxectos de colaboración internacional para abordar de forma conxunta e coordinada os grandes desafíos da sociedade, contribuíndo á consolidación do Espazo Europeo de Investigación.


A contía máxima destinada ás axudas ascende a 144.266.898,00 euros.

O prazo de presentación de solicitudes é:

  1. Contratos de xestión en investigación (GIS y FGIN), persoal técnico de apoio a investigación: 28 de marzo ao 18 de abril de 2023.

  2. Contratos Miguel Servet, Juan Rodes: 28 de marzo ao 19 de abril de 2023.

  3. Contratos Intensificación e axudas a movilidade (M-AE e M-BAE): 28 de marzo ao 20 de abril.

  4. Proxectos de I+D+I en salud: 28 de marzo ao 25 de abril de 2023.

  5. Contratos Rio Hortega e Sara Borrell: 30 de marzo ao 20 de abril 2023.

  6. Contratos PFIS e i-PFIS: 30 de marzo ao 26 de abril de 2023.

  7. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico: 30 de marzo ao 27 de abril.

  8. Proyectos de investigación clínica independiente e incorporación novos grupos ao CIBER: 12 de abril ao 4 de mayo de 2023.

  9. Proyectos de colaboración internacional convocatoria ERA-NET: 3 de mayo ao 18 de mayo.

  10. Proyectos de colaboración internacional convocatorias JPI AMR, CRCNS, NEURON, JPND, EJP RD, ERA4Health e THCS: 26 de octubre ao 14 de novembro de 2023.

O prazo de presentación das solicitudes en todas elas remata ás 15:00 horas (hora peninsular española).

Acceso á sede electrónica click aquí.

No lateral dereito dispoñedes da convocatoria, o extracto da convocatoria e as fichas resumo






Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.