Convocatoria de Axudas a Talento 2024 da Asociación Española Científica contra o Cancro

Da man da Asociación Española Científica contra o Cancro (AECC) e a Fundación Científica abre a nova convocatoria de Axudas a Talento 2024 dirixidas a impulsar a investigación en cancro e a apoiar ao investigador en calquera das súas etapas da carreira científica, cuxo período de solicitude comeza o 28 de setembro de 2023 e cuxo financiamento é de carácter nacional.

A continuación faremos un resumo segundo as bases de cada unha destas convocatorias abertas de Axudas a Talento 2024, que son as seguintes:


1. Axudas AECC Talent 2024 MSCA COFUND Postdoctoral Programme.

As persoas beneficiarias desta axuda  son os investigadores posdoutorais cun máximo de 8 anos de experiencia que non residiran en España durante máis de 12 meses dentro dos 36 previos a data límite da convocatoria do programa.

Esta axuda ten por obxecto que os investigadores posdoutorais con talento de todo o mundo desenvolvan os seus proxectos nun dos centros de investigación do cancro seleccionados en España.

O período de solicitude abarca dende o 28 de setembro de 2023 ata o 23 de novembro de 2023.


2. Axudas Predoctorais AECC 2024 (por sedes provinciais).

Os beneficiarios desta convocatoria son os titulados universitarios con expediente igual ou superior a 7,5 (cunha escala de 0 a 10).

A finalidade destas axudas é promover a formación de investigadores a través da realización dunha Tese Doutoral en cancro nun centro de investigación e co soporte dun grupo de investigación con acreditada traxectoria científica. En Galicia, estas axudas poden solicitarse na provincia de A Coruña.

Esta axuda ten unha duración inicial de 3 anos prorrogables por 1 ano e está dotada cun total de 73.500 euros.

O período de solicitude abarca dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


3. Clínico Junior no Territorio AECC 2024.

Nesta convocatoria os beneficiarios serán licenciados en medicina; especialistas titulados (que non superasen os 4 anos desde a obtención do título de especialista no momento de optar a convocatoria).

Busca fomentar que profesionais médicos realicen proxectos de investigación de calidade en cancro para fomentar a investigación no entorno clínico en centros de referencia distribuídos por todo o territorio nacional.

Ten unha duración inicial de 4 anos, comenzando cun período de 3 anos con posibilidade de ampliación por 1 ano máis e dotada dun total de 105.000 euros.

O período de solicitude vai dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


4. Axudas Clínico Senior AECC 2024.

Son beneficiarios desta axuda os licenciados en medicina con doutorado, especialidade e traxectoria investigadora demostrable.

O obxecto é fomentar que profesionais clínicos realicen proxectos de investigación de calidade en cancro en centros de referencia no noso país para consolidar a investigación no entorno clínico.

Ten unha duración inicial de 4 anos, comenzando cun período de 3 anos con posibilidade de ampliación por 1 ano máis e dotada dun total de 180.000 euros.

O período de solicitude vai dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


5. Investigador AECC 2024.

Estas axudas teñen por beneficiarios doutores + formación posdoutoral (con máis de 4 anos dende a obtención do título). 

Apoia a carreira de investigadores con formación posdoutoral previa con axudas que lles permitan desenvolver un proxecto de investigación en cancro nun centro español e así impulsalos cara a creación das súas propias liñas.

Ten unha duración inicial de 4 anos, comenzando cun período de 3 anos con posibilidade de ampliación por 1 ano máis e dotada dun total 150.000 euros.

O período de solicitude vai dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


6. Posdoutoral AECC 2024.

Doutores con menos de 4 anos dende a obtención do titulo de doutor serán os beneficiarios.

A finalidade é a de promover o talento de novos investigadores na súa primeira etapa posdoutoral, mediante axudas para desenvolver un proxecto de investigación en cancro nun centro español con posibilidade de realizar unha estancia formativa nun centro de referencia nacional ou internacional.

Ten unha duración inicial de 4 anos, comenzando cun período de 3 anos con posibilidade de ampliación por 1 ano máis e dotada dun total 160.000 euros.

O período de solicitude vai dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


7. Clínico Formación AECC – Centros 2024.

Os beneficiarios son os centros de formación e o obxecto desta convocatoria é impulsar a capacitación profesional dos especialistas médicos de toda España a través de axudas financeiras para a realización dun curso formativo; ábrese a convocatoria a centros de formación para que presenten os seus programas.

O período de solicitude vai dende o 28 de setembro de 2023 ata o 26 de outubro de 2023.


8. Prácticas de laboratorio AECC 2024.

Os beneficiarios son estudantes universitarios do ámbito das ciencias e das ciencias da saúde e o obxecto desta axuda é achegar a realidade da investigación biomédica aos mesmos e permitir completar a súa formación mediante a realización de prácticas nun laboratorio de investigación contra o cancro en calquera das súas áreas.

Duración a elixir entre dous meses completos de verán (xullo, agosto e/ou setembro) cunha contía de 1.000 euros.

O período de solicitude abarca dende o 28 de setembro de 2023 ata o 22 de febreiro de 2024.


A continuación, dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese. 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.