Convocatoria de Axudas a Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023


No B.O.E. de data 30 de decembro de 2023 publicouse o Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se aproba convocatoria 2023 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral asociadas aos devanditos proxectos, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 732796 

A convocatoria ten por obxecto financiar a realización de proxectos de investigación dirixidos tanto a fomentar a xeración e o avance significativo do coñecemento científico e a investigación da calidade contrastada como a avanzar cara a busca de solucións aos desafíos da sociedade. Así mesmo, poderanse financiar actuacións encamiñadas á formación de persoal investigador predoutoral mediante a realización dunha tese doutoral asociada aos proxectos de investigación mencionados.

Existen dúas modalidades de proxectos:
  • ​Proxectos de «Investigación Non Orientada». Trátase de proxectos sen orientación temática previamente definida, e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e o seu ámbito de aplicación.
  • Proxectos de «Investigación Orientada». Os proxectos están orientados á resolución de problemas concretos e vinculados ás prioridades temáticas asociadas aos grandes desafíos da sociedade, que se recollen no anexo III.

Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos, dependendo do perfil de investigador/a principal que lidere o equipo de investigación:

a) Proxectos tipo A, liderados por xóvenes investigadores/as.
b) Proxectos tipo B, liderados por investigadores/as consolidados/as.

O prazo de presentación das solicitudes vai dende o 9 de xaneiro de 2024 ata o 30 de xaneiro de 2024 ás 14:00 horas (hora peninsular galega).

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese. 
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.