Convocatoria 2024 para a obtención do Certificado R3

 
No B.O.E. de data 21 de febreiro de 2024 publicouse a Resolución do 9 de febreiro da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria correspondente o ano 2024, para a obtención do certificado R3 como investigador/a establecido/a, conforme ao previsto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.
 
A finalidade desta actuación é valorar a carreira dos investigadores/as nacionais e estranxeiros/as no marco dun itinerario posdoutoral de acceso ao Sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación, de maneira que iso permita recoñecer a súa calidade e independencia investigadora e, cumprindo co perfil europeo de investigador establecido (R3), a obtención da certificación R3 como investigador/a establecido/a.
 
O certificado R3 como investigador/a establecido/a será recoñecido nos procesos selectivos de persoal de novo ingreso estable que sexan convocados polas universidades, polos OPIs e outros organismos da AGE, polos organismos de investigación doutras Administracións.
 
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de febreiro ata o 13 de marzo de 2024 ás 14 horas (hora peninsular española).
 
A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.