O CECBE (Centro Español para os Coidados de Saúde baseados na Evidencia do Instituto Joanna Briggs) é a unidade de Investén que promove a evidencia en coidados mediante a formación, investigación, difusión de resultados e implantación da evidencia na práctica clínica.
A ACIS (Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde), a través da Área de Dirección de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria está integrada no CECBE como membro do Comité de Seguimento deste organismo.
As actividades formativas do CECBE, ademais de promocionar o desenvolvemento profesional do persoal sanitario implicado en coidados de saúde, constitúen un sólido punto de partida para a presentación de candidaturas ao Programa "Centros Comprometidos con la Excelencia en Cuidados", que recoñece e acredita aqueles centros sanitarios implicados na implementación, avaliación e mantemento de guías de boas prácticas en coidados.
Actualmente están certificados dous centros en Galicia: a Área Sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos e a Área Sanitaria da Coruña e Cee.
O noso obxectivo é que esta rede de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados alcance so seu máximo desenvolvemento nos nosos centros e motive a participar a todas aquelas Unidades de Coidados da rede do Sergas que coa súa profesionalidade e dedicación constituen un dos pilares da atención sanitaria na Comunidade Autónoma.
Para máis información, fai clic AQUÍ
Os contactos serán os membros do Comité Científico do CECBE en Galicia:
- Ana García Fernández (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)
- Miriam Vázquez Campo (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)
Mail de contacto: ACIS.Cuibe@sergas.es