Construción dunha nova plataforma de servizos e contidos personalizada, orientada a cidadáns (enfermos e sans) e coas seguintes funcionalidades:
- Punto de encontro único entre o cidadán e o Sergas no ámbito virtual.
- Servizos: historia clínica, historial farmacolóxico, tarxeta sanitaria, etc.
- Contidos e servizos personalizados.
- Integrado coa plataforma de fogar dixital asistencial.
- Posibilidade de creación de comunidades virtuais de pacientes.
- Integración con servizos de comunicación.
- Accesible dende múltiples dispositivos.
- Alto grao de seguridade.
As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ferrol.