2. Estudo observacional con medicamentos de seguimento prospectivo (EOM-SP)

1. Avaliación de novos estudos

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao buzón: ceimg@sergas.es.
  • Solicitude de avaliación asinada dixitalmente polo promotor ou persoa en quen delegue* (no caso de que non estea deberá remitir o documento coa sinatura manuscrita á dirección postal da secretaría técnica de CEIm G).
  • Xustificante de pagamento de taxas ou solicitude de exención delas.​
  • Protocolo de investigación.
  • Currículo breve do Investigador coordinador.
  • Listado de centros e investigadores previstos e número de pacientes previstos a incluír por centro.
  • Documentos de consentimento informado (folla de información ao paciente e folla de sinaturas).
  • Memoria económica do estudo e fonte de financiamento.
  • Formulario de recollida de datos.
  • De ser o caso,  documentación da aprobación do protocolo polo órgano correspondente, no caso de estudio imposto ao titular de autorización de comercialización dun medicamento pola autoridade nacional competente ou a Comisión Europea.
2. Resposta ás aclaracións solicitadas logo da primeira avaliación

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao buzón: ceimg@sergas.es.
  • Solicitude de avaliación asinada dixitalmente polo promotor ou persoa en quen delegue* (no caso de que non estea deberá remitir o documento coa sinatura manuscrita á dirección postal da secretaría técnica do CEIm G).
  • Carta de resposta ás aclaracións solicitadas e as novas versións dos documentos do estudo que resultaran modificados limpos e con control de cambios.
3. Avaliación de modificacións relevantes dos estudos

Remitir todos os documentos en formato electrónico ao buzón: ceimg@sergas.es.
  • Solicitude de avaliación asinada dixitalmente polo promotor ou persoa en quen delegue* (no caso de que non estea deberá remitir o documento coa sinatura manuscrita á dirección postal da secretaría técnica do CEIm G)
  • Xustificación e contido da modificación, incluíndo as novas versións dos documentos do estudo que resultaran modificados, limpos e con control de cambios
​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.