Novos informes acerca dos suplementos nutricionais orais en pacientes oncolóxicos

Avalia-t, dentro do plan de traballo da RedETS (Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias), avaliou a eficacia e seguridade da nutrición enteral domiciliaria mediante o emprego de suplementos nutricionais orais en pacientes oncolóxicos que toleran a vía oral, pero nos que as súas necesidades nutricionais poderían non estar cubertas con alimentos de consumo común. A evidencia non respalda a utilidade dos suplementos nutricionais orais en doentes oncolóxicos que toleran a alimentación oral con desnutrición moderada-grave ou con mucosite.

Consulta os informes completos aquí:​

 
 Suplementos orais.jpeg

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.