Convocatoria de axudas a proxectos de colaboración público-privada 2021

No BOE do 31 de decembro de 2021 publicouse a Orde CIN/1502/2021, do 27 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada, do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada correspondente ao ano 2021.

O obxectivo desta convocatoria é o apoio a proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e organismos de investigación, co fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas, e contribuír á creación de novos produtos e servizos

As axudas contempladas nesta orde teñen como finalidade facilitar a transferencia de coñecemento mediante actuacións que eliminen as barreiras existentes entre os diferentes actores nos ámbitos público e privado e incrementen as capacidades de divulgación e comunicación da I+D+i á sociedade

Entre as prioridades temáticas encóntranse a saúde, a cultura, a creatividade e a sociedade inclusiva, a seguridade civil, o mundo dixital, o clima, o ambiente, etc.

A convocatoria destina 375.000.000,00 EUR

O prazo de presentación de solicitudes é  do día 19 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2022 ás 14:00 horas (hora galega) a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación . Picade aquí para accederdes á solicitude

No lateral dereito dispoñedes da orde coas bases e a convocatoria e dun manual de usuario para a solicitude

Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.