Xornadas e congresos

Se non existen actividades simultáneas e se pode participar en todas elas, solicítase solicitarase a acreditación global (para o programa ao completo).

Se existen actividades simultáneas e hai que elixir entre participar nunha ou noutra, a solicitude de acreditación será por modalidade (mesas redondas, conferencias, obradoiros etc.) e cada alumno recibirá os créditos correspondentes á súa participación real na actividade, polo que debe existir control de asistencia específico para cada sesión. Ese control debe estar detallado e ser realizable.

 
Requisitos:

  1. Deben ter un comité científico e un comité organizador.
  2. Unha única solicitude cuberta segundo o modelo normalizado.
  3. Os obradoiros ou cursos dentro ou fóra da xornada ou congreso que teñan unha matrícula específica serán considerados actividades independentes e solicitarase a acreditación por separado.
  4. Non se consideran como horas acreditables :
        As de descanso común a todas as actividades.
        As de entrega de documentación.
        As de presentación e clausura agás que formen parte do contido científico do congreso.
        As dedicadas á presentación de pósters ou comunicacións.
        Os simposios satélites promovidos pola industria ou calquera outra actividade que non forme parte do programa científico asumido pola organización.
  5. Non se acreditarán actividades de menos de unha hora de duración.
  6. Control de asistencia:
        Cando se solicite acreditación global e a duración total sexa inferior a 4 h,  deberase participar no 100 % para poder optar aos créditos. Se a duración supera as 4 h, bastará co 80 %.
        Cando se solicite acreditación por modalidades, deberase participar no 100 % da actividade para poder optar aos créditos.
  7. Realización dunha enquisa de opinión/satisfacción (acéptase unha enquisa global do congreso ou xornada).
  8. Cumprimento da normativa de independencia comercial e deberase achegar:
        Separación das áreas científicas e comerciais.
        Relación de relatoras/es con conflito de intereses.
        Relación de entidades patrocinadoras.
        Materiais promocionais e docentes.
  9. Certificación aos participantes:
        No caso da acreditación global (sen actividades simultáneas) os créditos reflectiranse no certificado de forma global, pola súa participación na xornada ou congreso, sen asocialos a ningunha actividade concreta.
        No caso da acreditación por modalidades (con actividades simultáneas), a entidade provedora deberalle certificar a cada participante a súa asistencia aos diferentes actos acreditados do congreso ou xornada cun único documento no que constarán as actividades realizadas cos seus créditos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.