Viabilidad y aplicabilidad del Programa TIDY (Therapeutic Identification of Depression in Young People) en el Sistema Nacional de Salud.

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, aprobado no Pleno do Consello Interterritorial do 27 de xaneiro de 2017 (conforme ao Acordo do Consello de Ministros do 1 de decembro de 2017).​​​ 2018.

A depresión é un importante problema de saúde na adolescencia asociada a un déficit funcional significativo e á diminución da calidade de vida dos mozos. A pesar diso, diferentes estudos apuntan a que unha cantidade considerable de afectados poderían non ser diagnosticados, e por tanto poderían non recibir ningún tipo de axuda profesional. Actualmente existe certo consenso a nivel internacional sobre a necesidade de realizar cribado de depresión na idade adolescente en atención primaria. O programa TIDY (Therapeutic Identification of Depression in Young People) foi deseñado en Reino Unido como un procedemento de identificación terapéutica que combina o cribado de depresión na adolescencia cunha breve intervención psicolóxica en atención primaria. O TIDY, asociado á formación de médicos e enfermeiros de atención primaria, demostrou a súa viabilidade e aceptabilidade en Reino Unido. En España existe interese clínico en explorar mecanismos que favorezan a detección temperá da depresión no ámbito de atención primaria.

O obxectivo xeral deste informe é avaliar a viabilidade e aplicabilidade do Programa TIDY no Sistema Nacional de Saúde.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.