Valoración formal previa

Recibida a solicitude, a Secretaría Técnica realiza unha valoración formal na que comproba se a solicitude se adapta en tempo e forma aos requisitos establecidos.

Se existen defectos de forma, requirirase ao provedor para que, nun prazo de 10 días hábiles, corrixa o erro ou achegue os documentos esixidos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición e arquivarase o expediente.


A emenda e mellora das solicitudes farase igualmente en formato electrónico a través do portal SAGa Provedores e quedará rexistrado automaticamente no rexistro telemático da Xunta de Galicia.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.