Tratamiento de nódulos tiroideos benignos mediante ablación térmica láser o radiofrecuencia.

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico, unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, aprobado no Pleno do Consello Interterritorial 15 de novembro de 2018 (conforme ao Acordo do Consello de Ministros do 7 de decembro de 2018).

Os nódulos tiroideos (NT) afectan a máis do 50 % das persoas sas. Na súa maioría son benignos, non producen síntomas e non precisan tratamento. Con todo, algúns poden crecer sen control e producir dor, ronquera, dificultade para respirar e/ou alteracións estéticas que fan necesario o seu tratamento. Actualmente, a cirurxía considérase o tratamento de elección, pero require anestesia xeral e non está exenta de riscos. En pacientes de alto risco cirúrxico ou naqueles que rexeitan a cirurxía, propóñense alternativas menos invasivas como a ablación térmica guiada por imaxe, cuxo obxectivo consiste en reducir o volume do NT e mellorar a sintomatoloxía local e estética. Entre eles atópanse a ablación por láser (A) e a ablación por radiofrecuencia (RF), cuxo balance beneficio/risco, carácter ambulatorio e rápida recuperación parece favorecer a súa utilización.

Tras avaliar de forma comparada a seguridade e efectividade da ablación térmica LA e RF, conclúese que ambas técnicas son eficaces e seguras para o tratamento dos NT benignos, sólidos e sintomáticos. Reducen o volume do NT de forma progresiva durante o primeiro ano e obsérvase un crecemento parcial a partir do terceiro nalgúns pacientes. Esta redución mellora de forma importante a sintomatoloxía cervical e as alteracións estéticas. Ambas as técnicas presentan un alto grao de tolerancia e satisfacción por parte dos pacientes e considéranse altamente dependentes da experiencia do operador. Pódense considerar unha alternativa de tratamento minimamente invasiva naqueles pacientes que rehúsan a cirurxía ou que presentan alto risco cirúrxico e non supoñen unha limitación para posteriores tratamentos. Con todo, son necesarios estudos de alta calidade e seguimento, que axuden a aclarar as incertidumes existentes, especialmente no caso da ablación LA onde a evidencia é máis limitada.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.