Título da actividade

Deberase citar textualmente o título co que se designa a actividade. Non utilice abreviaturas nin simplificacións.
 
Características: 
 
   a) A denominación ten que ser idéntica á que vai figurar na súa publicidade e nos diplomas ou certificados acreditativos que se entregarán aos asistentes.
  
   b) Propoña un título o máis breve posible (non máis de 120 caracteres en total); recoméndase que teña relación e reflicta o contido da actividade e non inclúa nel o tipo de actividade (curso, seminario, etc.). 
 
   c) Non se formularán títulos vagos ou imprecisos que non permitan deducir os contidos ou obxectivos da actividade, por exemplo: «Diabetes», «Farmacoloxía», «Lesións articulares».
 
   d) O título debe ser acorde co colectivo ao que vai dirixido e incorporar o nome deste sempre que sexa necesario e poida existir confusión coa formación doutros profesionais.
 
   e) Non poden conter termos que induzan á confusión cos títulos oficiais do Estado ou a Universidade (especialista, máster, diploma, experto, técnico, doutoramento, licenciatura, posgrao, capacitación, etc.). 
 
   f) Os termos «congreso» ou «xornada» deberán figurar no título neste tipo de eventos.
 
   g) No caso particular da formación a distancia, cómpre ter especial coidado en que o título non se confunda con outros propios da formación presencial nos que a aprendizaxe de habilidades psicomotrices é importante. Por exemplo, non se admitirán títulos como «Soporte vital básico», «Vendaxes neuromusculares», «Técnicas manipulativas de...», «Suturas de feridas», etc. Nestes exemplos, os títulos admisibles para formación a distancia deben deixar claro que non se forma os participantes en habilidades psicomotrices.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.