Solicitude

Débese realizar unha solicitude por cada actividade docente e por cada unha das edicións desa actividade.

O proceso iníciase coa solicitude de acreditación por parte do responsable ou persoa autorizada da entidade provedora. Deberase facer a través do portal SAGa Provedores cunha antelación mínima de 2 meses ao comezo da actividade solicitada.

Co fin de manter a necesaria seguridade e dispor das debidas garantías administrativas, para poder facer uso do portal SAGa Provedores, é necesario dispoñer dalgún dos seguintes certificados dixitais:

  • DNI electrónico (DNIe) ou
  • certificado de clase 2 de persoa física emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

Os datos de identificación das persoas con certificado dixital recoñecido que vaian ter acceso a SAGa Provedores, tanto para a solicitude como para o seguimento dos expedientes de acreditación dunha entidade provedora de formación, deberanlle ser comunicados á Secretaría Técnica do Sistema Acreditador da Formación Continuada mediante a autorización asinada polo responsable desa entidade onde se faga constar o nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico, segundo o modelo establecido.

Toda solicitude presentada en formato dixital ante a Secretaría Técnica do Sistema Acreditador a través do portal SAGa quedará rexistrada automaticamente no rexistro telemático da Xunta de Galicia.

Na solicitude de acreditación da actividade farase constar:

  • Nome e título da actividade: debe ser claro e conciso e reflectir o obxecto da formación. Non pode inducir a confusión con títulos académicos, oficiais e regulados. Non debe incluír siglas sen especificar o seu significado.
  • Director e responsable da actividade e persoa de contacto.
  • Modalidade formativa: presencial, a distancia ou mixta.
  • Formato da actividade.
  • A provincia e poboación ou ámbito de realización.
  • Número máximo de participantes.
  • Número total de horas previstas estimadas.
  • Data de inicio e de finalización da actividade.
  • Método de control da asistencia ou, no caso de actividades a distancia, sistemas de seguridade, acceso e control da participación.
  • Profesionais aos que se dirixe a actividade, facendo constar tanto a titulación como o ámbito, a actividade profesional e a tarefa que os define como receptores da formación.

Segundo o tipo de actividade hai un formulario de características, nun modelo normalizado, que se deberá xuntar á solicitude debidamente cuberta e que comprende:

  1. Pertinencia da actividade.
  2. Obxectivos xerais e específicos.
  3. Metodoloxía docente.
  4. Avaliación.
  5. Organización e loxística:
    Calendario e programa: cronograma completo da actividade onde se recolla a data de impartición, horario de inicio e remate de cada unidade de contido co nome do/a relator/a ou relatores/as que impartirán cada materia.
    Recursos humanos docentes: achegando os currículos dos docentes e do programador da actividade no formato específico dispoñible en SAGa Provedores.
    Recursos humanos non docentes.
    Número e método de selección dos participantes.
    Recursos materiais necesarios para a formación.
  6. Financiamento.
  7. Todas las solicitudes incorporarán un anexo donde constará una declaración sobre os criterios de independencia da actividade e se existe algún conflito de intereses.
  8. Calquera outra información adicional que o peticionario considere relevante para os efectos da acreditación

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.