Sesións clínicas

Actividades periódicas programadas onde un grupo de profesionais intercambian información científica, opinións e experiencias sobre áreas de competencias comúns da súa práctica diaria. Inclúen, entre outras:

Sesións clínicas.
Series de casos.
Exposición de casos xa resoltos.
Resolución de casos con expertos.
Sesións sobre probas complementarias, fármacos, derivacións, escenarios...
Sesións bibliográficas.
Sesións sobre guías de práctica clínica.
Sesións transversais (calidade asistencial, organización, clínica, etc.)

Requisitos:

  1. Unha única solicitude cuberta segundo o modelo normalizado.
  2. Programa definido cun responsable por caso/sesión.
  3. Calendario. Agrupadas por períodos.
  4. Duración por sesión para admisión a trámite: unha hora como mínimo e como máximo dúas.
  5. Control de asistencia: 100 % por sesión e 80 % do programa.
  6. Enquisa de opinión/satisfacción (por sesión ou por programa, atendendo ao número de participantes).

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.