Selección de prioridades sanitarias: criterios, proceso y marco estratégico. Revisión sistemática

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco do desenvolvemento de actividades da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O presente traballo, incluído no Plan de traballo para 2015 da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde, xorde a petición da Comisión de Prestacións, Aseguramiento e Financiamento, dependente do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, co propósito de desenvolver unha metodoloxía explícita para a selección de prioridades sanitarias que apoie a toma de decisións sobre as tecnoloxías para avaliar para a súa inclusión en carteira de servizos do SNS. O desenvolvemento dunha sistemática de priorización integral, baseada en criterios estratéxicos para a toma de decisións sobre asignación de prioridades, que abarque os distintos aspectos que poden ser relevantes para establecer o valor engadido das tecnoloxías para o sistema asistencial e a poboación, estímase clave para identificar aqueles temas de maior relevancia, evitando desta maneira a dispersión de esforzos en avaliacións de pouco impacto, que poderían ser postergadas ou excluídas entre outras razóns, por presentar importantes incertezas respecto da eficacia ou seguridade, pouco valor ou non estar adaptadas ás características do sistema sanitario español.

O obxectivo principal deste traballo é identificar e analizar os criterios e procedementos empregados para a priorización de tecnoloxías sanitarias a nivel nacional/internacional co fin de establecer criterios universais e enfoques prácticos que poidan servir de base para o desenvolvemento dun marco de priorización para o SNS.

Documentos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.