II Edición. Premios de Innovación en Saúde 2020

Nesta segunda edición participaron un total de 99 proxectos, dos que 75 corresponderon á categoría profesional e 24 á modalidade de asociacións e pacientes.

Así, na categoría profesional, os dous proxectos que resultaron premiados este ano foron ‘TelecardioCHUS’ , e o programa ‘ReCO, de rehabilitación cardio oncolóxico’. O primeiro deles, presentado polo equipo formado por José Ramón González Juanatey, Alejandro Virgós, Pilar Mazón e Rosa Represas, permitirá adaptar o modelo asistencial baixo a premisa de resolver no nivel asistencial axeitado os actos médicos, para evitar aqueles que non aporten valor nin aos pacientes nin ao sistema.

Profesionales20_2__.jpg

Pola súa banda,  o programa ‘ReCO, de rehabilitación cardio-oncolóxico’, presentado polo equipo composto por Bibiana Villamayor Blanco, Carlos Peña Gil, Milagros Pedreira Pérez e José Ramón González Juanatey, incide no uso dos espazos dispoñibles para a Rehabilitación Cardíaca co ánimo de desenvolver programas de rehabilitación en pacientes con cancro. Neste senso preténdese convertelos nunha ferramenta terapéutica que contribúa á mitigación dos seus efectos secundarios.

Profesionales20_1__.jpg

Pola súa banda, na categoría de asociacións e pacientes, o proxecto galardoado nesta segunda edición foi “Telemedicina en tempos de COVID, durante e post COVID”, presentado pola Asociación Galega de Fibrose Quística. Esta candidatura busca instalar un sistema de telemedicina con monitorización telemática, recollida de mostras e envío de medicación ás persoas con Fibrose Quística; coa intención de posibilitar a mellora do benestar físico e emocional destes pacientes, ao tempo que se garante a calidade asistencial sanitaria e o seu seguimento.

Pacientes20__.jpg

Este proxecto contempla o seguimento habitual das persoas que padezan esta doenza en situacións de urxencia, e o emprego de diversos dispositivos para a súa monitorización telemática. Así mesmo, propón a creación dunha rede conxunta de información a través de TELEA.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.