Retos abertos

Cres que o “sempre se fixo así” non é sinónimo de “é a mellor maneira de facelo”?, consideras que os procesos se poden simplificar para ser máis áxiles e resolutivos?, paréceche que hai fórmulas para mellorar a calidade dun s​ervizo sanitario reducindo custos ao mesmo tempo?, ocórreseche a maneira de mellorar a comunicación entre os profesionais e os usuarios?, tes ideas prácticas para facilitar a atención aos pacientes nos seus fogares?

Se es un profesional do Sergas, un docente, un coidador, unha empresa ou entidade colaboradora e respondiches que si a algunha destas cuestións ou tes unha idea que consideres igual de útil, ACIS anímate a participar na Plataforma de Innovación Sanitaria.

As propostas recibidas serán priorizadas segundo os retos e as necesidades recollidas no Plan de Prioridades Sanitarias e a Estratexia Sergas 2020.

​​​​
Necesidades asistenciais
  • Ferramentas de formación e avaliación.
  • Integración asistencial entre niveis. Desenvolvemento de programas asistenciais integrados.
  • Modelos de xestión de enfermidades crónicas. Pacientes pluripatolóxicos e oncolóxicos.
  • Modelos de atención a colectivos específicos (anciáns, mulleres, nenos e saúde mental).
  • Procesos de alta resolución.
  • Procesos de atención domiciliaria e alta hospitalaria precoz.
  • Servizos non presenciais. Mellora da accesibilidade dos cidadáns. Servizos multicanal.
  • Programas de prevención e promoción da saúde.
  • Modelos de atención sociosanitaria.
  • Coidados paliativos.
  • Implantación de sistemas de xestión da calidade.
  • Sistemas de mellora da prescrición.
Necesidades de xestión do persoal
  • Ferramentas de formación e avaliación.
  • Ferramentas de xestión do coñecemento.
  • Ferramentas de comunicación entre profesionais, difusión de información, interacción e participación.
Necesidades de sistemas de información

Dotación do profesional de ferramentas que aumenten a súa capacitación e rendemento.

Necesidades de xestión de recursos
  • Alternativas á hospitalización.
  • Diagnóstico por imaxe en rede.
  • Plans de austeridade, identificadores de gasto.
Relación con axentes implicados no crecemento do sector sanitario
  • Ferramentas de protección e transferencia de resultados de investigación.
  • Sistemas de valorización de resultados de investigación.
  • Implicación do sector privado.
  • Creación de espazos de innovación, puntos de encontro entre axentes internos e externos.
  • Creación do Clúster de Saúde de Galicia.
  • Establecemento de canais de internacionalización.
Outras necesidades
  • Demora no diagnóstico de doenzas graves.
  • Demora nas intervencións cirúrxicas.
  • Gasto farmacéutico.
  • Demora na realización de probas.
  • Tratamento humanizado.
Prioridades sanitarias
  • Cardiopatía isquémica.
  • Cancro de pulmón.
  • Ictus / ECV.
  • Diabetes Mellitus.
  • Depresión / Trastorno de ansiedade.
  • EPOC.
  • Cancro de colon.
  • Cancro de mama feminino.
Determinantes da aparición de enfermidades asociadas aos estilos de vida
  • Tabaco.
  • Sedentarismo.
  • Diabetes.
  • Obesidade.
  • Contaminación ambiental.
Problemas prioritarios de dereitos e procesos
  • Demora en consultas externas.
  • Demora para probas diagnósticas en consultas externas.
  • Tempo de demora para o ingreso non urxente.
  • Ambulatorización con cirurxía maior ambulatoria.
  • Estadía media en centros públicos.
  • Sistemas de información para profesionais sanitarios.
  • Extensión do aseguramento público aos residentes en Galicia.
  • Información sobre dereitos, deberes e prestacións na Seguridade Social.
  • Taxa de cesáreas.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.