RedETS

A Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde (SNS), RedETS, está formada polas axencias ou unidades de avaliación da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas, que traballan de maneira coordinada, cunha metodoloxía común e baixo o principio do recoñecemento mutuo e a cooperación.
O obxectivo xeral de RedETS é fundamentar a toma de decisións sobre a incorporación, as condicións de financiación ou desinversión e uso apropiado das tecnoloxías sanitarias, co fin de promover a equidade e a sostenibilidade do SNS.

A RedETS creouse por acordo do Consello interterritorial en 2012, co fin de promover a calidade, eficiencia e sostenibilidade en avaliación de tecnoloxías sanitarias no SNS. O seu funcionamiento está regulado pola Orden SSI/1833/2013, de 2 de octubre.

Axencias integrantes da RedETS:​

 - Servicio de Evaluación de Tecnologías Sanitarias (Osteba), País Vasco.
Agencia de Calidad y Evaluación Sanitarias de Cataluña (AQUAS).
 - Unidad de Asesoramiento Científico-técnico (Avalia-t). Agencia de Conocimineto en Salud (ACIS).
 - Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias de Andalucía (AETSA).
 - Instituto Aragonés de Ciencias de la Salud (IACS).
 - Servicio de Evaluación y Planificación del Servicio Canario de Salud (SESCS).
 - Unidad de Evaluación de Tecnologías Sanitarias (UETS) de la Comunidad de Madrid.
 - Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias (AETS) del Instituto de Salud Carlos III.
 - Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia de Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (MSSSI).
​ - Dirección General de Salud Pública, del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (MSSSI)​.

Os diferentes produtos de la RedETS oriéntanse a informar e guiar as decisións de política sanitaria, xestión sanitaria, decisións clínicas participadas entre profesionales e pacientes; e as propias decisións de autocuidado de los pacientes e coidadores. Todos estes produtos teñen en común o estar baseados no mellor coñecemento científico dispoñible.

Consulta o plan de traballo anual da Rede aquí:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.