Recursos de información: elaboración de guías de uso.

Este documento realizouse no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde elaborado polo Ministerio de Sanidade e Política Social, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fundación Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Un ámbito sanitario cada vez máis complexo e un crecemento exponencial da produción científica fan preciso coñecer os recursos de información específicos para o seu uso eficiente. Non obstante, o profesional sanitario encontra numerosas barreiras para coñecer os procedementos implicados e o manexo de cada un dos recursos que utiliza.

É necesario polo tanto a elaboración de ferramentas de axuda, prácticas e precisas, de doado e rápido acceso, que sirvan como guía os profesionais sanitarios no uso dos recursos de información.

O obxectivo deste documento é polo tanto elaborar guías de uso que sirvan de orientación e axuda aos profesionais sanitarios para o manexo eficiente de recursos de información específicos. ​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.