Recoñecemento profesional dos títulos e certificados de formación profesional expedidos por estados membros da Unión Europea

O Real Decreto 1837/2008 do 8 de novembro incorpora ao ordenamento xurídico español a directiva 2005/36/CEE do Parlamento europeo e do Consello do 7 de setembro de 2005, e a Directiva 2006/100/CEE do Consello do 20 de novembro de 2006, relativas ao recoñecemento de cualificaciones profesionais así como a determinados aspectos da profesión de avogado, que establecen para os nacionais dos Estados membros da Unión Europea, a facultade de exercer unha profesión, por conta propia ou allea, nun estado membro distinto daquel en que adquirisen os seus cualificaciones profesionais. Establécese que se adoptarán Directivas para o recoñecemento mutuo de diplomas, certificados e outros títulos de formación.
 
A Axencia de Coñecemento en Saúde ten atribuídas as competencias para o recoñecemento de títulos e certificados de formación de determinadas profesións do sector sanitario, expedidos polos estados membros da Unión Europea ou asociados ao Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
 
Estas profesións son:
  • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.
  • Técnico en Farmacia e Parafarmacia.
  • Técnico Superior en Anatomía patolóxica e citoloxía.
  • Técnico Superior en Audioprótese.
  • Técnico Superior en Dietética.
  • Técnico Superior en Documentación Sanitaria.
  • Técnico Superior en Hixiene Bucodental.
  • Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico.
  • Técnico Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.
  • Técnico Superior en Ortoprótese.
  • Técnico Superior en Próteses Dentais.
  • Técnico Superior en Radioterapia.
  • Tecnico Superior en Saúde Ambiental.
 
Documentación que deberán presentar os interesados:
  • Solicitude de recoñecemento de título.
  • Copia cotexada do DNI, pasaporte ou documentación equivalente que acredite que o/a interesado/a ostenta a nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea ou estados asociados ao Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
  • Copia cotexada do título/s académico/s.  
    Certificación oficial e personalizada do programa de formación realizado polo/a solicitante, no que conste a duración dos estudos en anos académicos e descrición das materias cursada especificando o número de horas en cada unha delas, tanto teóricas como prácticas.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.