Avalia-t

A Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t é a área de ACIS encargada de garantir que a toma de decisións no Sistema Público Galego de Saúde se realiza da maneira máis obxectiva posible e fundamentada na mellor información dispoñible.
 
Misión. A continua introdución de novos dispositivos, fármacos e procedementos clínicos representa un reto para os profesionais á hora de decidir sobre a implantación de innovacións na práctica clínica asistencial.
 
Avalia-t encárgase de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, a efectividade, a seguridade e a eficiencia das novas tecnoloxías sanitarias e valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.
 
Os seus informes e demais produtos ponse a disposición dos profesionais para que a utilicen como base na súa toma de decisións, garantindo así a seguridade e a eficiencia das tecnoloxías sanitarias de saúde e a sustentabilidade financeira do sistema.
 
Destinatarios. A información elaborada por Avalia-t diríxese principalmente aos profesionais sanitarios e aos órganos xestores do sistema de saúde, pero tamén se realiza un importante esforzo para ofrecer produtos específicos dirixidos ás necesidades dos pacientes e coidadores.
Avalia-t

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.