Procedemento de acreditación e normas de tramitación

A norma básica de referencia é a Orde do 25 de febreiro de 2009 pola que se establece o procedemento para a solicitude de acreditación de actividades no Sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia a través de SAGa.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.