Convocatoria dos premios á mellor invención protexida mediante dereitos da propiedade industrial

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou a través do BOE a Orde ministerial pola que se aproban as bases reguladoras da concesión dos premios á mellor invención protexida mediante dereitos de propiedade industrial (Orde ICT/861/2021, BOE núm. 189, do 9 de agosto de 2021).

Con estes premios, preténdese apoiar e fomentar a actividade investigadora, científica e tecnolóxica e a súa correspondente protección dos dereitos de propiedade industrial a través do sistema de patentes e modelos de utilidade. Esta práctica xera un beneficio non só para os que a poñen en marcha, senón tamén para toda a sociedade, xa que potencia a actividade creadora e inventora e incrementa o coñecemento e os avances tecnolóxicos.

O obxectivo final é recoñecer a importancia da actividade innovadora como motor do desenvolvemento tecnolóxico, «baixo o convencemento de que só os países que respectan , privilexian e recoñecen axeitadamente o afán investigador, do que os dereitos da propiedade industrial son parte inherente e incuestionable, poden acadar altas cotas de desenvolvemento e benestar sustentables».

Estes premios distinguen a protección de resultados de investigación mediante patentes e modelos de utilidade concedidos cada ano pola Oficina Española de Patentes e Marcas, O.A., (OEPM).

 

Prazo de presentación:

Dende o 10 agosto 2021 ata o 10 setembro 2021.

Convocatoria dos premios OEPM á mellor invención protexida

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.