No
BOE do 29 de decembro de 2022 publicouse o extracto da Orde pola que
se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente
ao ano 2022, de axudas a proxectos de colaboración público privada,
do Plan Estatal de Investigación
Científica, Técnica e
de Innovación 2021-2023, no
marco do
Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia ,
cuxo
texto completo pode
consultarse na
Base
de datos Nacional de Subvencións,
con identificador BDNS:
662592
O
obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos de
desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e
organismos de investigación, có fin de promover o desenvolvemento
de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e
técnicas e contribuir á creación de novos productos e servicios.
As
axudas obxecto destas bases teñen como finalidade avanzar na
incorporación de coñecementos e resultados cientifico-técnicos que
permitan a validación e o desenvolvemento precompetitivo de novas
tecnoloxías, productos e servicios, creando o contexto adecuado que
estimule a xeración dunha masa crítica en I+D+i
de carácter interdisciplinar para a
súa aplicación,
transferencia, búsqueda de solucións
e xeración de resultados tanto nas traxectorias tecnolóxicas e de
innovación das empresas como no mercado. Asi mesmo, con estes
proxectos pretende movilizar inversión privada, xerar emprego e
mellorar a balanza tecnolóxica do pais, así como reforzar a
capacidade de liderazgo internacional do sistema Español de Ciencia
Tecnoloxía e Innovación e dos seus axentes, contribuindo a mellorar
a competitividade do tecido empresarial.
A
contía destinada as axudas ascende 260.000.000,00 euros .
O
prazo de presentación de solicitudes é do
día 13
de febreiro
ata
o
7
de marzo
de 2023
ás 14:00 horas (hora peninsular española) a
través da sede
electrónica do Ministerio
de Ciencia e Innovación. Click
Aquí
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso ao Extracto da convocatoria e
da convocatoria.
Na
parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.