Estadías formativas de estranxeiros

As estadías formativas de estranxeiros están reguladas no artigo 30 do Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.

Estas estadías non están previstas para profesionais españois ou estranxeiros que presten servizos en institucións públicas ou privadas españolas e queiran realizar cursos ou períodos de aprendizaxe noutros centros españois ou estranxeiros.


Para máis información sobre a solicitude e tramitación de estadías formativas de estranxeiros, consulte aquí a web do Ministerio de Sanidade


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.