Convocatoria para a concesión de subvencións para axudas dentro do Subprograma Estatal de Infraestruturas da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020

No BOE de data 22 de xullo de 2021 publicouse o extracto da resolución da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións para axudas dentro do Subprograma Estatal de Infraestruturas da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, co identificador BDNS: 576575 (clic AQUÍ).

As propostas que se presenten deberán coincidir con algunha das seguintes actuacións:

  • Infraestruturas científicas singulares do Sistema Nacional de Saúde.
    • Obxecto: A adquisición e o desenvolvemento de grandes infraestruturas científicas que permitan a xeración dun salto cualitativo na produción científica.
    • Beneficiarios: institutos de investigación sanitaria acreditados por orde ministerial.
  • Adquisición de equipamentos e infraestruturas científico-técnicas.
    • Obxectivo: Fortalecer as capacidades de investigación dos grupos de investigación mediante a adquisición de infraestruturas que permitan mellorar o seu rendemento científico.
    • Beneficiarios: institutos de investigación sanitaria acreditados por orde ministerial e as institucións sanitarias públicas con actividade clínico-asistencial ou sen ela.

A contía máxima destinada para estas axudas é de 15.000.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes é do 29 de xullo ata as 15:00 h do 9 de setembro de 2021.

No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución.

Convocatoria de 2021 das axudas do subprograma de infraestruturas

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.