08. Preguntas frecuentes

As consultas máis frecuentes recollidas pola Rede Galega de Comités de Ética da Investigación permitiu elaborar unha listaxe de cuestións que resolven as dúbidas máis comúns.

Qué estudos deben contar coa aprobación dun comité de ética da investigación para seren realizados?
De xeito xeral, todos os estudos que se realicen no eido da investigación biomédica e que impliquen por iso a seres humanos, as súas mostras ou os seus datos de carácter persoal, deben ser sometidos a consideración dun comité de ética da investigación acreditado.

Necesitan ser avaliados de novo por un comité de Galicia os estudos que xa conten co informe favorable dun comité acreditado en España?
De xeito xeral, co informe favorable dun comité acreditado en España sería abondo. En todo caso, o estudo tería que ser notificado ao centro onde se vaia a realizar e contar coa conformidade deste último. 

Cómo funciona a Rede Galega de Comités de Ética da Investigación?
A rede está formada polo comité autonómico e os tres comités territoriais (Santiago-Lugo, A Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo-Ourense). A secretaría técnica do comité autonómico intervén como xanela única e punto de contacto da rede. Se se quere someter un estudo a avaliación por parte dun Comité de Ética da Investigación en Galicia, terase que remitir a documentación segundo os requisitos establecidos á secretaría técnica do comité autonómico. Dependendo do tipo de estudo, asignarase a avaliación a un ou a outro dos comités que conforman a rede.

Podo saber que comité avaliará o meu estudo?
Si. Unha vez remitido, podes poñerte en contacto coa secretaría técnica do comité autonómico para consultalo.

Con qué frecuencia e en que datas se celebran as xuntanzas dos comités?
Os comités celebran xuntanzas plenarias ordinarias con carácter mensual. O calendario das xuntanzas é aprobado polo pleno de cada comité e pode consultarse nesta páxina web.

Qué documentación se debe achegar para a avaliación dos estudos?
A documentación correspondente a cada tipo de ensaio ou estudo detállase nesta web.

Pódese responder logo dunha avaliación inicial negativa?
Si. Ademais o promotor e/ou investigador pode/n solicitar asistir a unha reunión do comité para defender o protocolo de investigación. Para iso deberán solicitar por escrito a asistencia á reunión. O/a secretario/a, e o presidente/a do comité implicado, aceptará ou non a solicitude e, en caso positivo, notificarao ao interesado/a.

Cando se comunican os resultados dunha reunión?
Os informes serán comunicados a quen corresponda logo da reunión a través de correo electrónico. No caso de non recibir ningunha notificación do comité no prazo dunha semana logo da reunión, a Secretaría Técnica estará a disposición do promotor e investigador para aclarar dúbidas e resolver posibles problemas de transmisión das decisións do comité.

Pódense facer consultas aos comités sobre aspectos pouco claros dos ditámes?
Os ditámenes dos comités sobre os estudos de investigación deben estar fundamentados. Calquera aclaración sobre estes ditámenes pode ser solicitada á Secretaría Técnica, que resolverá a dúbida ou, de ser o caso, transmitiralla ao secretario/a do comité implicado para a súa resolución.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.