Observación post-introducción de tecnologías sanitarias. Guía metodológica

Este documento realizouse no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde elaborado polo Ministerio de Sanidade e Política Social, ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).

A observación post-introdución de novas tecnoloxías concíbese como un sistema organizado de recollida, análise, interpretación e difusión de datos sobre o nivel de difusión, accesibilidade, adecuación de uso, consumo de recursos e limitacións de efectividade e/ou seguridade de novas tecnoloxías, unha vez foron financiadas e adoptadas con carácter xeral polo sistema sanitario.

A guía metodolóxica ten como principal obxectivo establecer un marco metodolóxico estruturado para a observación de novas tecnoloxías tras a súa introdución na práctica clínica. A guía consta de tres apartados. No primeiro apartado proporciónase unha lista de criterios de priorización (n=14) para priorizar tecnoloxías sanitarias susceptibles de observación post-introdución e descríbese a ferramenta desenvolvida por avalia-t para este fin (PriTec Tools). No segundo apartado descríbense e avalían catro instrumentos que poderían ser utilizados para recoller información sobre novas tecnoloxías. Expóñense as vantaxes, os inconvenientes e as consideracións que se deben ter en conta á hora de utilizalos para a observación post-introdución. No último apartado da guía establécense os requisitos básicos para poñer en marcha un sistema de observación post-introdución e exponse 16 indicadores específicos para avaliar os distintos aspectos da observación post-introdución de novas tecnoloxías.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.