Nutrición enteral domiciliaria en pacientes oncológicos que requieren modificación de la dieta ordinaria habitual por mucositis

Informe de avaliación sobre a eficacia e seguridade do tratamento con nutrición enteral domiciliaria mediante suplementos nutricionáis oráis (SNO) en pacientes oncolóxicos que requiren modificación da dieta ordinaria habitual por mucositis oral (MO). Non se puido incluír ningún estudo debido a que non se localizou ningún ensaio clínico que estude a utilidade dos SNO no manexo de pacientes oncolóxicos que presentan MO. Estes pacientes deberían recibir apoio mediante un correcto asesoramento nutricional dirixido a medidas hixiénicas e dietéticas encamiñadas a facilitar ​a deglución dos alimentos mentres sexa posible.
​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.