Nutrición enteral oral domiciliaria en pacientes mayores con fractura de cadera y desnutrición

Informe de avaliación do tratamento nutricional enteral domiciliario con suplementos nutricionáis oráis (SNO) en pacientes maiores de 65 anos con fractura  de cadeira e desnutrición que non reverte mediante a inxesta única de alimentos ordinarios. A evidencia localizada foi limitada, atopando que os SNO foron seguros e presentaron un efecto positivo sobre a inxesta enerxética a curto prazo, que non se asociou cunha melloría clínica como a mortalidade e supervivencia, taxa de complicacións ou recuperación das funcións físicas. 

Tampouco se observou un efecto claro sobre a calidade de vida nin sobre unha redución da estancia hospitalaria. Só algúns pacientes comunicaron falta de apetito. A administración dos SNO foi custo-efectiva na mellora do peso corporal, pero sen efecto sobre a calidade de vida e anos vividos.​
​​​​​
Suplementos orais.jpeg 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.