Rede de nodos de innovación

A Rede de Nodos de Innovación é unha ferramenta para facilitar e promover a achega de ideas á Plataforma de Innovación Sanitaria por parte dos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
 
A súa concepción parte da necesidade de tecer unha rede flexible que permita que os médicos, os profesionais de enfermería e os xestores sanitarios actúen como intraemprendedores capaces de promover a mellora continua de todo o sistema achegando ideas concretas.
 
7 nodos. Cada unha das sete Áreas Sanitarias do Sergas funciona como un nodo de innovación recollendo, xestionando e canalizando os inputs que recibe dos seus profesionais e compartíndoos co conxunto do sistema baixo un modelo de gobernanza coordinado e aberto.
 
Área Sanitaria
Nodo de innovación
Contacto
A Coruña e Cee
Alejandro Ávila Álvarez
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
Pilar Rodríguez Ledo
Pontevedra e O Salnés
Modesto Martínez Pillado
Ferrol
Javier Quiles del Río
Santiago de Compostela e o Barbanza
Cristina Fernández Pérez
Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras
María del Mar Vázquez Salvado
Vigo
Daniel Simón Valero
Fundación Urxencias Sanitarias 061 (invitado)
Teresa de Jesús Cartelle Pérez
Nodo central na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde
 
Os nodos realizan tarefas de dinamización, formación e promoción da innovación aberta entre os seus profesionais, á vez que lles prestan soporte na xestión e o acceso ao financiamento unha vez que as súas ideas se converten en proxectos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.