Materias obxecto de acreditación

As materias formativas obxecto de acreditación deben aumentar, manter e mellorar a competencia profesional e defínense tanto pola área de coñecemento como pola poboación obxectivo á que vai dirixida a actividade. A materia sobre a que verse a actividade e o seu nivel de complexidade deben ser adecuados ao colectivo ao que vai dirixida esa actividade formativa.

Encádranse nas seguintes áreas temáticas:

Saúde pública.
Investigación.
Práctica clínica.
Xestión sanitaria e calidade.
Docencia.

Os títulos oficiais regrados (universitarios, de centros de educación superior, ou das administracións públicas) non poderán ser acreditados.

Os módulos que os compoñen poderanse acreditar como actividades independentes, de xeito excepcional e cumprindo os seguintes requisitos:

a. O grupo de participantes no módulo non son únicamente os participantes no título oficial e regulado.
b. A duración do módulo non supera as 100 horas.
c. Que se especifique no certificado que forma parte dun programa máster ou de especialización. 

Serán susceptibles de acreditación as actividades formativas sobre:

  1. Sistemas de información e/ou investigación sanitaria que utilicen programas informáticos específicos e necesarios para o seu uso por profesionais sanitarios.
  2. Tensións/autocontrol e orientación psicolóxica, sempre que estean orientadas ao coidado e atención do paciente
  3. Prevención de riscos laborais, cando vaia dirixida aos profesionais desta disciplina ou área profesional.

Non son obxecto de acreditación as seguintes materias:

  1. Programas informáticos que non sexan de utilización específica na área sanitaria.
  2. Idiomas, en calquera dos seus niveis.
  3. Todas aquelas actividades con contidos que non forman parte das materias de coñecemento aceptadas na comunidade científica ou no Sistema nacional de saúde.
  4. Actividades con contidos de publicidade comercial.
  5. Actividades con contidos que forman parte da formación básica e necesaria para obter a titulación profesional e que resulta imprescindible para o exercicio profesional e, xa que logo, non se pode considerar formación continuada.
  6. A formación, preceptiva por lei, que debe cursar calquera profesional que desexa reintegrarse ao exercicio da profesión tras un período de inactividade.
  7. As materias que, aínda sendo de aplicación no ámbito sanitario, non son específicas en Ciencias da Saúde. (p. ex.: arquitectura sanitaria).
  8. Actividades referidas ao autocoidado do traballador, (tensións/autocontrol e orientación psicolóxica, prevención de riscos...).
  9. Materias que non formen parte das competencias propias dos profesionais destinatarios da actividade.

En caso de dúbida, será a Comisión quen decida se unha determinada actividade se pode considerar materia acreditable ou non.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.