Eficacia y seguridad de la magnetoterapia estática en el tratamiento del dolor

A avaliación da  magnetoterapia estática ou imanterapia realizouse dentro do Plan para a Protección da Saúde fronte ás  Pseudoterapias. A técnica, que se basea na utilización de campos magnéticos xerados por imáns ou outros dispositivos magnéticos, avaliouse na súa indicación para o tratamento da dor crónica ou aguda asociado a diversas enfermidades. Os estudos dispoñibles actualmente non demostran que a magnetoterapia sexa un tratamento eficaz para o alivio da dor​, polo que non se considera adecuado o seu uso como terapia para o control da dor aguda ou crónica.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.