Inscríbete no InfoDay para emprendedores 2020 de EIT Health

Xornada informativa sobre os diferentes instrumentos de financiación e soporte ao emprendimento que ten dispoñibles EIT Health en 2020.

A quen vai dirixida esta xornada?

A emprendedores e startups con solucións para o sector saúde (medtech, biotech, digital health) que teñan interese en coñecer instrumentos de financiamento e soporte ao emprendemento.
 
Data: 28.01.2020 (12:00-14:30)
Lugar: Salón de actos da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Axenda do evento: ver documento
 

INSCRÍBETE AQUÍ

*Posibilidade de entrevistas individualizadas. Necesario mostrar interese a través do formulario de inscripción.

EIT Health, unha nova comunidade de coñecemento e innovación en saúde

A Unión Europea, a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) busca integrar as tres vertentes do coñecemento en saúde -formación, investigación e innovación-. A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio de EIT Health.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.