Desenvolvemento e Innovación Sanitaria

innova_gal.png 

A innovación fai posible que o coñecemento xerado no ecosistema de saúde chegue:
  • ao paciente, en forma de novas técnicas diagnóstico e tratamento e fórmulas asistenciais avanzadas.
  • ao mercado, xerando beneficios económicos que reverten en máis recursos para o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A Axencia de Coñecemento en Saúde participa neste proceso cunha visión innovadora que integra a todos os axentes do sistema sanitario -dende os profesionais ata os provedores-, que recolle as mellores prácticas a nivel internacional e que se alía cos partners máis afíns aos intereses de Galicia neste eido.

Prioridades. Os proxectos de innovación promovidos por ACIS achegan solucións orientadas a:
  • A promoción da saúde.
  • A prevención.
  • A abordaxe da cronicidade.
  • A autoxestión e o autocuidado da doenza.
  • A implantación de medidas que aseguren a continuidade asistencial.
  • O pulo dun modelo aberto coa participación de profesionais, provedores e pacientes.
  • A adopción de metodoloxías axeitadas de avaliación de impacto en saúde e en custo.
  • O aproveitamento das vantaxes das TIC para achegar os servizos e apostar polo fogar como lugar de atención.
  • A xestión de fórmulas avanzadas para o envellecemento activo e saudable.
 
A estratexia de ACIS na área de innovación dá prioridade:

 

Se precisas contactar coa Área de Innovación, pódesnos escribir a innovacion.acis@sergas.es ou contactarnos por teléfono no 981 580 633.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.