Convocatoria e bases reguladoras 2019

A quen vai dirixido?
  • Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolva unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante).
  • Respecto á modalidade de idea de pacientes: poderá presentar a súa idea calquera persoa física (pacientes, coidadores, etc.), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo 4 incluído o representante).
 
Os premios consistirán en:
  • Modalidade de idea de profesionais: o premio consistirá nunha visita organizada a un centro innovador de ámbito internacional, a asistencia a cursos de formación ou a congresos relacionados coa innovación e contará cunha dotación económica máxima de 6.500 € para aloxamento, viaxe e axudas de custo de manutención, cun límite de 1.625 € por persoa.
  • Modalidade de idea de pacientes: o premio terá unha dotación económica máxima de 2.000 €, que se deberán empregar para a formación en aspectos relacionados cos fins fundacionais da asociación ou organización sen ánimo de lucro relacionada coa saúde que o gañador desta modalidade seleccione.

As candidaturas que sexan galardoadas co premio deberán continuar no proceso de innovación aprobado pola Administración na Plataforma de Innovación Sanitaria para o seu posible desenvolvemento ou implantación no Servizo Galego de Saúde. Tamén poderán continuar no proceso de innovación aprobado pola Administración na Plataforma de Innovación Sanitaria para o seu acompañamento as catro ideas preseleccionadas e non galardoadas en cada unha das modalidades.

 

Normativa 

Presenta a túa idea!

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.