Reunión anual da HTAi 2021: Innovación a través da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias

22 de Outubro de 2020
O papel da avaliación das tecnoloxías sanitarias na innovación.

 

Avalia-t, a unidade de avaliación da ACIS forma parte da HTAi dende 2005. A HTAi é unha sociedade internacional de carácter científico que agrupa a persoas e organizacións que producen ou utilizan a avaliación de tecnoloxías sanitarias (ATS). Máis de 2500 membros individuais e 82 organizacións de 65 países, nos que están presentes organismos gubernamentais, axencias de avaliación, universidades e diferentes axentes de interese (pacientes, empresas...).

A reunión anual da HTAi celebrarase baixo o lema "O papel da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias na innovación en saúde” e reunirá ás persoas e organizacións líderes en ATS de todo o mundo para discutir e debatir o papel da ATS na innovación en saúde. O acontecemento estará centrado na adaptación dos enfoques da ATS para proporcionar aos sistemas de saúde un medio que respalde a innovación tecnolóxica de maior interese.

Está aberto o prazo para a presentación de comunicacións orais, posters e viñetas ata o próximo día 26 de novembro.​



HTAi.jpg

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.