Guías de colaboración ITEMAS

Dende o pasado decembro atópase dispoñible en versión dixital, e tamén publicada, os cinco libros que conforman ata o momento a "Colección ITEMAS", a cal foi elaborada conxuntamente entre os membros e colaboradores que compoñen a Plataforma ITEMAS.

Este conxunto de manuais e guías prácticas condensan parte do know-how adquirido nestos anos e supoñen un hito no desenvolvemento da xestión da innovación sanitaria en España.

Dende o nodo de Galicia de ITEMAS coordinouse  a Guía de boas prácticas en Compra Pública Innovadora y participouse activamente na Guía de boas prácticas en Xestión da innovación.

 

A Colección ITEMAS está integrada por:

 

  • Marco legal aplicable ás actividades de innovación no eido sanitario: Situación actual e perspectivas de futuro (ITEMAS Marco Legal)
  • Manual de indicadores de innovación da plataforma ITEMAS (ITEMAS Indicadores Innovación)
  • Guía de implementación do sistema de xestión da innovación según a norma UNE 166002:2014 (ITEMAS Implementación UNE 166002:2014)
  • Guía de boas prácticas en xestión da innovación (ITEMAS Buenas Prácticas) 
  • Guía de boas prácticas en compra pública innovadora (ITEMAS Compra Pública Innovadora)


Estos libros están dispoñibles na sección de documentos de interese da web de ITEMAS, a través do seguinte enlace.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.