Guía de Práctica Clínica sobre la Depresión Mayor en la Infancia y en la Adolescencia. 2009

Esta guía foi revisada e actualizada en 2018. Pode consultar abaixo a ligazón á nova Guía.

Aínda que a depresión maior é relativamente frecuente e supón un problema de saúde debido á minusvalidez e alteración da calidade de vida que xera, infradiagnostícase con frecuencia na infancia e adolescencia. Ademais, é coñecida a variabilidade no seu manexo, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento.

Esta guía de práctica clínica é o resultado do traballo dun grupo de profesionais pertencentes ás diferentes disciplinas que integran a asistencia do paciente con depresión. Os integrantes do grupo redactor dedicaron moitas horas á elaboración das recomendacións que sen dúbida axudarán a mellorar a atención sanitaria que se presta tanto na atención primaria coma na especializada. No proceso de revisión, a guía contou coa colaboración das sociedades científicas e as asociacións de pacientes implicadas directamente neste problema de saúde.

Con esta GPC preténdese dar aos profesionais sanitarios un instrumento útil que dea respostas ás cuestións máis básicas en forma de recomendacións elaboradas de forma sistemática e coa mellor evidencia dispoñible. Esperamos que todo iso redunde nunha atención de maior calidade a estes pacientes e ás súas familias, que é o obxectivo que nos anima. ​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.