Elaboración de Guías de Práctica Clínica en el Sistema Nacional de Salud. Actualización del Manual Metodológico

Proxecto colaborativo realizado no marco do Programa de Guías de Práctica Clínica no Sistema Nacional de Saúde (SNS), coordinado por GuíaSalud.

As guías de práctica clínica (GPC) son un conxunto de recomendacións baseadas nunha revisión sistemática da evidencia e na avaliación dos riscos e beneficios das diferentes alternativas, co obxectivo de optimizar a atención sanitaria aos pacientes.

Elabóranse seguindo unha metodoloxía común, recollida no Manual Metodolóxico de Elaboración de GPC no SNS* publicado no ano 2007.

Transcorridos oito anos desde a súa publicación, levouse a cabo a súa actualización para incorporar temas non contemplados previamente e mellorar o tratamento dalgúns dos aspectos abordados.

O Manual ten un dobre obxectivo: achegar unha metodoloxía consensuada para elaborar GPC baseadas na evidencia científica e homoxeneizar o proceso de elaboración das GPC no SNS. Aínda que foi concibido como unha ferramenta para os grupos elaboradores de guías de práctica clínica do Programa de Guías de Práctica Clínica no Sistema Nacional de Saúde, o seu carácter aberto pono a disposición de calquera grupo ou entidade que estea a desenvolver unha GPC.

A presentación do manual tivo lugar dentro das xornadas científica de GUIA SALUD "Novedades na elaboración e implementación de GPC" celebradas o día 4 de abril en Madrid.

Documentos relacionados
Links relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.