Efectividad y seguridad de la braquiterapia de alta tasa en queloides: revisión sistemática

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a incorporación de técnicas, tecnoloxías e procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia 2018

Os queloides son tumores benignos, que xorden por unha alteración no proceso normal de cicatrización, xeralmente secundaria a unha lesión cirúrxica ou un trauma tisular. Aínda que algúns só teñen consecuencias estéticas, poden provocar sintomatología e importantes limitacións funcionais. Cando son graves poden ocasionar un trauma psicolóxico, con importantes repercusións sobre a calidade de vida do paciente. O tratamento adoita ser complexo debido á súa gran tendencia a recidivar. Entre as terapias máis utilizadas destacan as infiltracións intralesionales con corticoides, a presoterapia, a crioterapia, o láser, o xel de silicona, os axentes citostáticos e a cirurxía combinada con radioterapia ou outros procedementos, xa que a cirurxía soa non se considera efectiva. O tratamento radioterápico pode administrarse mediante radioterapia externa ( RTE), braquiterapia de alta taxa ( HDR- BT) ou braquiterapia de baixa taxa ( LDR- BT), sendo a HDR- BT adyuvante unha das técnicas máis recomendadas cando os queloides non responden a tratamentos convencionais.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.