Efectividad, seguridad y eficiencia de la técnica de depuración extrahepática MARS® para el tratamiento de la insuficiencia hepática.

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico (Avalia-t), unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, aprobado no Pleno do Consello Interterritorial do 27 de xaneiro de 2017 (conforme ao Acordo do Consello de Ministros do 1 de decembro de 2017).​​​ 2018

Existen poucas opcións de tratamento dispoñibles para pacientes con insuficiencia hepática aguda ou insuficiencia hepática crónica agudizada. O transplante hepático é o único tratamento verdadeiramente eficaz. Por iso, debido á escaseza de órganos e o alto custo dos transplantes, así como ás elevadas taxas de mortalidade, búscanse outras alternativas de tratamento, unha delas é o sistema MARS® (Molecular adsorbent Recirculating System). O seu obxectivo é substituír as funcións hepáticas proporcionando a recuperación hepática ou a estabilización do estado clínico do paciente ata que se poida realizar o transplante.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.