EIP on AHA Twinning 2020 - Galicia & Baixa Silesia (Polonia)

Iniciativa financiada pola Comisión Europea para facilitar a irmandade e intercambio de boas prácticas dentro do programa europeo para o envellecemento activo e saúdable, European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing EIP on AHA.

Rexións participantes:

Orzamento: 5.000 euros

Enlace á comunicación da Comisión Europea (EIP on AHA) co resultado dos proxectos seleccionados.

 

Resumo da xornada

A xornada contou coa presenza do Xerente da área Sanitaria de Ferrol, Angel Facio Villanueva, acompañado por profesionais sanitarios que trasladaron a súa experiencia co sistema TELEA. Participaron tamén na xornada a Dirección de Procesos e Soporte e a Subdirección de Sistemas de Información de Ferrol, xunto coa área de Innovación Sanitaria da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), quen coincidiron en destacar a aposta actual do Servizo Galego de Saúde para contar cun sistema de telemonitorización, que ven de ser adaptado durante a crise da Covid-19 cunha nova funcionalidade para facilitar o seguemento de pacientes e o control preventivo dos residentes en centros sociosanitarios.

TWINNING_1.jpg

Por parte de Polonia, conectouse a través de videoconferencia por mor da Covid-19, o Director do Hospital A. Falkiewicz Specialist (Breslavia – Wroclaw), e oficiais da oficina Rexional de Sanidade de Baixa Silesia, entre outros.

Grazas á iniciativa “Twinning”, o grupo de traballo formado por Galicia e Baixa Silesia puideron compartir os aspectos técnicos e organizativos que facilitarán a implantación dun sistema de telemonitorización na rexión polaca, que ao igual que o sistema TELEA, non só será accesible para os profesionais da saúde senón tamén para os pacientes a través dun acceso en liña.

Enlace á comunicación da Comisión Europea (EIP on AHA) co resumo da xornada.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.