Destinatarios

Deben estar dirixidas a profesionais sanitarios aos que se refire a Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias:

Profesionais das profesións sanitarias tituladas (licenciados, diplomados, graduados): Medicina, Farmacia, Odontoestomatoloxía, Veterinaria, Enfermaría, Fisioterapia, Podoloxía, Terapia Ocupacional, Óptica e Optometría, Nutrición Humana e Dietética, Logopedia e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
Especialidades sanitarias de: Bioloxía, Bioquímica, Física, Química, e Psicoloxía.
Profesionais da rama sanitaria de formación profesional:


a) De grao superior: técnicos superiores en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, Dietética, Hixiene Bucodental, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, Laboratorio Clínico e Biomédico, Audioloxía Protésica, Ortoprótese e Produtos de apoio, Próteses Dentais, Radioterapia e Dosimetría, Saúde Ambiental e Documentación e Administración Sanitarias.

b) De grao medio: técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría, Farmacia e Parafarmacia, Emerxencias Sanitarias (RD 1397/2007, do 29 de outubro)

Tamén a profesionais recoñecidos como sanitarios con posterioridade: psicólogo xeral sanitario (Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública)

As actividades deben estar dirixidas a profesionais sanitarios que finalizaron  a súa formación regrada correspondente.

Se ocasionalmente asisten profesionais non sanitarios, éstes non poderán recibir certificado con créditos de formación continuada do SNS.

Non se poderán admitir solicitudes de acreditación de actividades dirixidas especificamente a profesionais que estean en período de formación como especialistas en ciencias da saúde (residentes).

Os residentes poderán participar en actividades de formación continuada se así o estima pertinente o seu titor ou comisión de docencia.

En todo caso, a porcentaxe de profesionais non sanitarios e profesionais en período de formación como especialistas en Ciencias da Saúde sobre o total de participantes será inferior ao 50 % e non poderán recibir o certificado con créditos de formación continuada.

En calquera caso, sempre que nunha actividade se admitan residentes, os certificados deberán incluír unha lenda indicando o seguinte: «Os créditos desta actividade non son aplicables aos profesionais que participen nela e que estean a se formar como especialistas en Ciencias da Saúde».

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.